Ding. Dong.
-Sube
-Subo?
-Si, sube.
Pantalóns curtos cinguidos ás pernas e unha melena negra rizada que cae por baixo dos ombros. Sube as escaleiras. Tap tap tap tap tap tap tap. Unha veciña asómase á mirilla para ver quen sobe a esas horas polas escaleiras. Chega ao rechán. El abre a porta, invítaa ao salón.
-Queres tomar algo?
Non lle responde directamente. Pénsao. Cre que se lle dí [se vén dos teus beizos, calquera cousa] soaría demasiado ridículo, asique responde:
-Unha cocacola se a tes.
El bótalle ron coa cocacola. E ela sabe que lle bota ron con cocacola e bebe ron con cocacola porque lle gusta, e porque lle axuda a soltarse.
El pon música.
Ela dille que lle encanta ese CD.
El di que llo pode deixar cando queira.
Ela rise.
Unha avelaíña pasa polo aire.
El séntase no sofá.
Ela séntase no sofá
encima del.

Quítanse as camisetas. El baixa a cabeza e faille algo nos pezóns que se a veciña soubera que o estaba a facer diría algo así como “Oh, meu deus! Esta xuventude non ten límites…”. Ela excítase e segue a facer máis cousas horribles sen límites indignas para nomear no meu relato. Como diría algún: cousas inefables. Entre os suspiros non deixa caer ningún “quérote”. E el non lle quita as mans dos peitos. Acaban. Ela córrese. Apártase a un lado. Teñen as fazulas coloradas. Todo o mundo ten as fazulas coloradas despois de follar, pero eles aínda máis. Falan un pouco, de arte, pintura. El fai un comentario sobre a escena independente en Galicia. Ela di que quere que o seu fillo se chame Anxo. El non di nada.
Séntense sucios.
Dúchanse.
Van á ducha pero non se duchan xuntos.
Xa non están sucios.
El toca a guitarra.
Un acorde desafinado.
Outro.
A ela dálle igual. Pensa que para o próximo día van ducharse xuntos.
Dúchanse.
Van á ducha pero non se duchan xuntos.
Xa non están sucios.
El toca a guitarra.
Un acorde desafinado.
Outro.
A ela dálle igual. Pensa que para o próximo día van ducharse xuntos.